Blogia
Andresadas

O cine

Köps... Policias en apuros

Köps... Policias en apuros

Descarga aquí o torrent para baixa-la película 

Imaxínanse uns policías que non pidan DNIS, nin vaian a comer de balde ós bares, nin persigan gamberros por semellar seren posuídores de marihuana ou outras drogas que sexan duras? Pois isto lle sucede ós nosos köps... Estes madeiros suecos son un grupiño de coleguillas acostumados á tranquila vida da pequena cidade na que están. Pois ese é o verdadeiro problema: que non hai crimes nin delictos... que todo é tan tranquilo, que eles acaban por ser inúteis... Entre eles, destaca Jacob (interpretado por Fares Fares), un home separado ó coidado dunha filla e acostumado ós fracasos sentimentais coas súas citas a cegas... Por outra parte están Lasse y Agneta (interpretados por Göran Ragnerstam e Sissela Kyle respectivamente), un matrimonio adicado á seguridade da vila dende a maioría da idade. E o outro integrante do corpo de policía desta vila é Benny (Torkel Petersson), un policía obsesionado coas películas de acción americanas e ansioso por converterse nun heroe e preparado para todo...

Ademais deles, está Hakan (encargado da comisaría, interpretado por Erik Ahrnbom) e o seu can, experto en colocarse a dúas patas coma os coellos... A falta de delincuencia na cidade, impide que a comisaría pode continuar aberta e iníciase a plantexar un suposto cerre para reducir impostos... Que farán os madeiros pola súa querida comisaría?

Dark Water... Terror á xaponesa e remake á americana...

Dark Water... Terror á xaponesa e remake á americana...

Xa un pouco cansadiño dos remakes... Todos acaban vendo a película americana... E, se a xaponesa deixa o seu que desexar, non me quero nin imaxinar coma será a americana... Moito efecto especial, moita carallada, pero ó final rouban ideas, argumentos e ilusións...

Pois eu penso falar da película xaponesa, que por outra parte é a que vin. A historia fala dunha muller que o pasou moi mal durante a súa infancia... A súa nai era moi egoísta, e non pensaba máis que en si mesma... Descoidaba da súa filla e nunca a ía buscar á gardería... Agora coa súa filla, ela non quere que pase o mesmo... Tras divorciarse do seu marido, a muller goza da compañía da súa filla Ikuko, unha mociña de tan só 6 aniños. Múdanse cara outra casa, aparentemente en bo estado... De súpeto, descobren unha goteira, que se expande de maneira sospeitosa por toda a casa... Por outra banda, a nai, preocupada por atopar traballo e pola disputa co seu marido pola custodia da nena, Ikuko queda esquecida en certa medida pola nai, e comeza a ter amizade cunha nena misteriosa... Mentres, a goteira séguese expandendo... Unha carteira vermella aparece no tellado do edificio novo onde elas viven... despois aparece no cubo de basura... logo volve a aparecer no tellado... Despois tena Ikuko no seu ombreiro.... De quen é esa carteira? Que pasa coa goteira?...

O meu parecer, a película faise un pouco lenta, xa que non transcorre nada de interese durante os primeiros corenta minutos, a acción comeza máis tarde... A música está moi lograda para suscitar tensión, e levas un par de sustos considerables, pero... Isto non é terror, nin moito menos... Realizada polo escritor Suzuki e o guionista Hiroshi entre outros, creadores entre outras de películas coma The Ring, A maldición e Chamada Perdida... Case todas cos seus respectivos remakes americanos, por desgraza, o que fai que os que vaian ó cine vexan un producto copia, en vez de o orixinal... De todas maneiras, o máximo expoñente deste xénero, vai ser moi difícil de superar... The Ring foi unha película galadornada entre outros, no festival de Sitges polo mellor director... Pero, sinceiramente, este xénero de misterio poderíase dicir, é innovador, pero os argumentos carecen, en moitas ocasións, de solidez. Cando ves outra película deste estilo, tes a sensación de habela visto... E iso frustra moito, a verdade...

 

partidos de la jornada

claro claro

Así quedan os partidos de repesca

Así quedan os partidos de repesca Ademais do partido entre Eslovaquia e España, concretáronse outros emparellamentos na zona europea. Ó final, Suiza enfrontarase a Turquía nun encontro de alta expectación, xa que ambos son equipos con grandes cualidades. Por último, a sorte doulla á República Checa a Noruega coma rival para esta repesca europea.

A representación de Oceanía será levada a cabo, coma de costume, por Australia, que se terá que enfrontar ó quinto clasificado do grupo da zona CONMEBOL, é dicir, de Sudamérica, neste caso, os charrúas, Uruguai.

Bahrein ten unha posibilidade histórica para clasificarse a un Mundial. Tras pasar unha difícil repesca fronte a Uzbekistán, a selección de Oriente Medio terá que disputar outra repesca máis ante o cuarto clasificado do grupo da zona CONCACAF, neste caso, o conxunto de Trinidade e Tobago... Ademais dos 27 equipos xa nomeados en artigos anteriores, quedan por saber as cinco seleccións que saíran destas repescas para completar os 32 conxuntos millores do mundo...

Ó final foi Eslovaquia...

Ó final foi Eslovaquia... Hoxe celebrouse na sede oficial da FIFA en Zurich, o sorteo que daría en azar o rival fronte o que a selección española se tería que enfrontar para a repesca... Tocou Eslovaquia, rival case descoñecido para a selección, pero que terá que ser derrotado se o combinado español quere estar na próxima cita mundial no 2006 en Alemaña. O partido de ida será na casa o día 12 de novembro, a Federación designou o Vicente Calderón coma estadio para disputa-lo encontro e a volta será en Eslovaquia catro días despois... Ó final non foi a xa coñecida Noruega, nin a brillante Suiza (que case manda á respesca a Francia), senón o rival que menos lle gustaba a Luis Aragonés. Agora hai que tratar de superar os "malos rollos" existentes entre os xogadores e tratar de vencer á selección eslovaca. Por mor de non clasificarse de 1º de grupo, a selección non será cabeza de serie na Eurocopa do 2008, co cal, poden tocar na primeira fase os rivais máis temidos...

Agora en serio, é lamentable que unha selección coma a española teña que superar unha repesca, cando lle asignaron un grupo tan asequible coma este... Ningún rival de renome, pero Serbia soubo xogar con humildade e con entrega, non coma os nosos xogadores... En realidade, se a selección non vai ó Mundial non sería algo coma para levarse as mans á testa... Meréceno, por fachendosos, por creídos, por chulitos...

O clube Bilderberg... Os amos do mundo

O clube Bilderberg... Os amos do mundo Por que non temos información dun clube que existe e ten as rendas do destino do mundo e polo tanto das nosas vidas? Algo se oe, algún comentario. algún titular... pero ninguén ofrece información que nos clarifique... quen son? que queren? en definitiva, que é o clube bilderberg? Parece ser que algúns programas de Telecinco, coma TNT e Pecado Orixinal (agora fóra de antena), ofreceron algo de información, pero deixáronnos coa mel nos beizos. En maio deste ano, o Clube celebrou a súa reunión anual, e ningúen nos dixo nada... Tan só sabemos minucias, pero detalles que nos afectaron directamente. Tralo réxime franquista... quen influíu en que saira elexido Don Juan Carlos I coma rei? E que grupo se reuniu no balneario da Toxa no ano 1989? En efecto, esto forma parte das investigacións de TNT... Incluso se especula que grandes sucesos que conmocionaron ó mundo teñen a súa orixe no clube, coma o asasinato de Kennedy, o 11-S e tamén o 11-M...
Quen son os integrantes deste grupo? Pois grandes empresarios de Estados Unidos e Europa, de multinacionais coma Coca-Cola, FranceTelecom, e tamén xefes de estado e numerosos ministros. Pode ser certo que Felipe González fose mestre de ceremonias, e que tamén participasen Esperanza Aguirre e Trinidad Jiménez... Este tema continuarase debatindo...

Algunhas webs de interese, onde teñades noticias...

Magdabandera, A noticia segundo TNT, A noticia segundo Pecado Orixinal

9 songs ¿ Pornografía ou sensualidade?

9 songs ¿ Pornografía ou sensualidade? Lisa é unha estudante que decidiu desplazarse a Londres para continuar coa súa carreira universitaria, para relaxarse un pouco. Nun concerto de Black Rebel Motorcycle coñece a Matt, o cal namórase perdamente dela. Xorde o amor e ó longo do filme vemos como transcorre a sua relazón, e a medida que pasa o tempo escoitamos cancións de diferentes grupos, aos que os protagonistas asisten. Grupos como The Von Bondies, Elbow, Primal Scream, The Dandy Warhols, Super Furry Animals, Franz Ferdinand e Michael Nyman. Mentres soan nove cancións de todos estes intérpretes, os protagonistas pratican o acto sexual, con xeito cómico, xa que o realizano en ocasións, ao ritmo da canción. Ao chegar as festas do Nadal, Lisa ten que tornar ao seu lar, e a relazón acábase de forma tráxica.

Entre algunhas curiosidades do filme podemos destacar que foi rodada sen guión, foi filmada con cámaras de vídeo dixitais sen iluminación extra. A actriz protagonista, Margo Stilley, era debutante e foi descuberta vai escasos meses nunha academia de extras e modelos. O actor que comparte protagonismo con ela é Kieran O'Brian. Ademáis,recibiu o premio no festival de San Sebastián á mellor fotografía, dirixida por Marcel Zyskind.

No filme dáse renda solta ós desexos sexuais dos protagonistas( en pantalla durante todo o filme, o resto de actores son figurantes simplesmente). Co curioso formato de empregar cancións coma sinal de que a parella vai manter unha relación sexual, o seu director, Michal Winterbottom, relata unha fermosa historia de amor.

A polémica que este filme causou é brutal, pero eu non creo que se trate de pornografia, senón dun filme erótico, e un tanto estrano, que ao público ou entusiasma ou desespera. Para isto, non hai termo meio.

Moolaadé. Unha historia real

Moolaadé é un filme atípico nas carteleras españolas. Para comezar, está dirixida por un director de máis de oitenta anos que pode ser coñecido polos grandes amantes do cine: o senegalés Ousmane Sembene. Este filme trata o terrorífico e actual ( por desgraza) tema da ablación, que consiste en extirpar o clítoris a aquelas mulleres de curta idade para as purificar e estar preparadas para o casamento, e que se desprendan da posibilidade de ter pracer.

Este filme, a diferenza da maioria, está rodado con actores que non son profesionais, pero o impacto do filme é a obxectividade e a frialdade coa que se trata o tema, mostrando a realidade tal e como é, sen nengún tipo de tapuxo. no filme, unha nai que sofreu a ablación cando tan só era unha cria, non está disposta a que a súa filla pase polo mesmo proceso. Moitas veces, esta operación é realizada en calquera lugar, coas menores medidas hixiénicas, sen nengún tipo de seguridade, polo cal, moitas nenas acaban morrendo desangadas.

A nai decide exercer a Moolaandé ( cuxo significado é protección), para que a súa filla non teña que ser-lle extirpado o seu clítoris. Á vez que á sua filla, defende a moitas outras nenas do povoado. O xefe da tribo torna de estudar de Europa, e contempla o caso que se lle presenta, tentando ter unha decisión, se seguir coa norma ( ten a presión da maioria do poboado) ou retira-la ( este novo grupo de persoas reivindican os dereitos da muller). A crua realidade é que ainda en mais de corenta paises se contínua practicando a ablación do clítoris. Este filme foi premiada no festival de Cannes, cunha mención especial do xurado, e ademais. é o primeiro filme africano que contén esceas de sexo explícito.

Moolaandé, estreo o dia 18 de marzo. Dirixida por Ousamane Sembene e protagonizada entre outros por Fatoumata Coulibaly e Maïmouna Hèlene Diarra.